O Carballiño superará este mes as 14.000 doazóns de sangue, dende que nos visita a Unidade Móbil
A solidariedade dos veciños do Carballiño en 2015 acadou as 699 doazóns de sangue, o que supón 50 doazóns por cada 1.000 habitrantes, unha taxa de doazon que cumpre co que recomenda a OMS para cubrir as necesidades de componentes sanguíneos dos hospitais (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano).
O Carballiño conta con 1.743 doadores censados, que realizaron 13,990 doazóns de sangue dende a primmeira visita da unidade móvil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia en marzo de 1995.
Coa campaña desde mes de setembro no municipio vanse superar as 14.000 doazóns de sangue nos máis de 21 anos de solidariedades dos seus veciños.