O Carballiño suspende a Cabalgata de Reis por causa da meteoroloxía, no seu lugar programa un "espectáculo máxico" no auditorio, este domingo de 5 a 7 da tarde.
O concello do Carballiño decide suspender a Cabalgata de Reis e o espectáculo que estaba programado para celebrar na torre do Templo da Veracruz, ante a previsión dun empeoramento das condicións meteorolóxicas para este domingo 5 de xaneiro no Carballiño, con previsión de chuvias xeralizadas.
No seu lugar, a concellería de cultura anuncia que o recibimento aos magos de Oriente será no auditorio do Carballiño, no transcurso dun espectáculo artístico e musical que terá unha duración aproximada de dúas horas, entre as 5 e as 7 da tarde.