O Carballiño terá novo goberno bipartito desde este xoves 4 de xullo. PSOE e Partido Popular dan a coñecer as concellerías que ocuparán no novo organigrama no concello carballiñés.
O alcade socialista do Carballiño Francisco Fumega e o que a partir deste xoves dia 4 de xullo pasará a exercer como primeiro Tenetente de Alcalde, o popular Pepe Castro-Gil, presentaron o novo goberno municipal que nace do acordo que fai semanas atrás alcanzaron os grupos municipais de PSOE e Partido Popular para gobernar xuntos O Carballiño.
A alcaldía resérvase as competencias de Economia e Facenda, Orzamentos e Administracción Xeral.
Pepe Castro-Gil (PP) terá Urbanismo, Contratación Administrativa e Deporte.
Alberto Otero (PSOE) Obras, Persoal, Seguridade, Emerxencias, Mobilidade e Rexime Interior.
Diego Fernández (PSOE) Cultura.
Silvia Baranda (PSOE) Servizos Sociais, Sanidade e Vivenda.
Elvira Torres (PP) Medio Ambiente e Termalismo.
Rosa Fuentes (PSOE) Servizos Públicos e Benestar.
Miguel Fernández (PP) Medio Rural.
Diana González ((PP) Emprego, Comercio, Xuventude e Participación Cidadán.
Manolo Dacal (PSOE) Turismo e Industria.
Lorena Castro (PP) Promoción Social e Educación.