"O Carballiño, vila termal" a nova exposición fotográfica de "Potiños" na casa do concello
O Carballiño, Vila Termal, é dende fai máis dun século un referente fundamental no termalismo de Galicia. O Gran Balneario non necesita presentación. Está situado a beira do río Arenteiro. No ano 1816 as súas augas xa foron declaradas de utilidade pública. A principios do século XIX existía no lugar unha pequena caseta que era coidada polos veciños de Ponte Veiga. Pero foi nos anos corenta do século XX cando o Gran Balneario alcanzou o seu máximo apoxeo, enchéndose de “aguistas” . O fermoso edificio actual é obra do arquitecto Vazquez-Gulías.
O Balneario das Caldas de Partovia é tamén un dos máis antigos . As súas augas foron declaradas de Utilidade Pública no ano 1928, e seica son as de maior número de cualidades terapéuticas de tódalas que hai en Galicia. Ademais, como nacen a 34 º non fai falta nin quentalas nin enfrialas, senón que se poden usar directamente como saen, e isto é unha vantaxe grande pois o non seren tratadas non perden as súas propiedades curativas.
O Bañiño de Arcos arrecende a paz e a liberdade. Calquera pode ir a él para gozar do lugar e das augas sen pagar un peso. Detrás da fonte hai un placa na que está escrito: “Este loureiro de esperanza que afonda as súas raiceiras na terra e na auga, que se ergue á luz e ó aire en homenaxe a Dolores López Filgueira e a todas as Mulleres de Arcos, enseña de loita, traballo e ben”. Lede, sentide e meditade a modiño estas verbas.
¿Cómo se pode amosar todas estas istorias, emocións e sentimentos en fotos?
Os fotógrafos lográrono. E vos tamén ides ser capaces de velo… e sentilo.
Porque unha foto é forma, luz, concepto... pero a fotografía é sobre todo emoción e sentimento.
Nesta exposición de O Potiños, amósannos sen dúbida a fermosura, a emoción e a maxia deste triángulo termal.
Abride os ollos e o corazón para gozar con eles nestas fotos de CARBALLIÑO VILA TERMAL.
A exposición, da Asociación Fotográfica "O Potiños" permance durante este mes de Xaneiro nas escaleiras da casa do concello do Carballiño.