O CCA elixe nova Xunta Directiva que preside Julian Garriga Crespo
A Asociación Centro Comercial Aberto do Carballiño concluíu una situación interina na que estivo dirixida por unha Xunta Xestora coa elección dunha nova Xunta Directiva.
Na asemblea celebrada na casa do concello os socios elixiron a Julian Garriga Crespo, do sector servizos, como novo Presidente deste colectivo que agrupa a preto dun cento de comerciantes do Carballiño. Como Vicepresidente foi designado Alfonso López Muñoz, Noelia Mares Méndez como Tesoureira e Rogelio Nogueira Corral como Secrretario, e Manuel Blanco, contador, todos eles do sector textil. Completan este renovado equipo directivo catro vogais, entre os que se atopan algunhos dos que formaban parte da anterior directiva.
PRESENTACIÓN DO PORTAL COMERCIOGALICIA.ES
Despois da elección da nova Xunta Directiva do CCA ,A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense e CCA O Carballiño presentaron aos comerciantes de O Carballiño Comerciogalicia.es, o portal do comercio galego; unha iniciativa que arranca como medio para dotar ó sector dunha nova vía para incrementar as vendas e chegar a novos clientes nestos tempos de crise.
Este proxecto nace con dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, incorporar ó sector a este novo reto tecnolóxico para que mellore a súa competitividade e amplíe mercados que físicamente serían inacadables. E por outra banda, ofrecer os produtos que se están a comercializar nos establecementos a pe de rúa, a un público máis amplo. “Unha gran vantaxe nos tempos que corren, xa que o comerciante sumará outro espacio físico onde ter os seus productos á venda as 24 horas do día, co mínimo investimento e menor esforzo”, segundo José Mª Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio.
Con esta filosofía xurde Comerciogalicia.es, unha plataforma de comercio electrónico, segura e de calidade, na que Federación Galega de Comercio, coa colaboración da Xunta de Galicia buscan a excelencia respaldándose dos mellores profesionais: Novagalicia Banco (pasarela de pagos), MRW (loxística), Grupo Femxa (formación do comerciante), Seguridade de Datos (seguridade xurídica e protección de datos) e Dos Espacios (soporte técnico, operativa web, software e mantemento).
Con estos avais, o portal convértese nun novo escaparate para os produtos do comercio galego e “os comerciantes de O Carballiño non poden deixar de estar ahí”. Para iso, creouse unha plataforma sinxela e cómoda para o empresario, que ademáis recibirá asesoramento e formación para que el mesmo poda xestionar o seu espacio de venda. E tamén resulta un portal atractivo para o consumidor, xa que nun mesmo espacio poderá atopar comercios de tódolos sectores e realizar compras multi-tendas sen incrementar os portes.
Segundo o presidente da Federación Galega de Comercio “trátase dun proxecto moi ambicioso, pero necesario, que nos permitirá estar á altura das grandes empresas ou cadeas de distribución”, poñendo ao comercio galego na primeira liña de venda, dando un salto directo e obrigado cara o comercio electrónico porque “sen dúbida, é o momento”.