O C.D. Arenteiro deixa boas sensacións nos partidos de pretempada
Duas victorias, ante Coruxo F.C. e Valenzá, e dúas derrotas, as colleitadas ante Barbadás e C.D. Ourense, é o balance do C.D. Arenteiro nesta pretempada.
O primeiro partido ante a U.D. Barbadás saldouse cunha derrota por 0-1, nun partido cos dous equipos aínda pouco rodados e no que o Arenteiro deu a cara ante o recén ascendido á 3ª división. Neste partido a nota negativa foi a lesión do porteiro local e nova fichaxe do Arenteiro, Macia.
No único dos catro partidos que se desputou fora de Espiñedo, ante a Valenzá de 1ª autonómica, os carballiñeses golearon por 0-6, nun partido no que os carballiñeses foron netamente superiores, como indica o marcador.
Ante o C.D. Ourense, outravolta en Espiñedo, os carballiñéses xogaron unha moi interesante primeira parte na que se foron o descanso con empate a ún tanto no marcador, tras adiantarse o C.D. Ourense, David Soares empataba para os carballiñeses. Xa na reanudación, e con moitos cámbeos en ambos bandos, o equipo de segunda B marcou outros dous goles para deixar o tanteo final de 1-3. O Arenteiro xogou un bó primeiro tempo ante o empuxe ourensanista.
A sorpresa chegou o dia da festa do pulpo, no que o Arenteiro logrou impoñerse por 1-0 a o outro equipo galego da segunda B, o Coruxo de Vigo. Foi suficiente un solitario gol conseguido maxistralmente por David Soares, tras unha xogada persoal. Durante toda a primeira parte os carballiñeses mantiveron a raia ao equipo vigués. Na reanudación, tras ir dando Dacosta entrada no equipo a varios xuvenís o partido desequiliboruse e o Coruxo pasou a dominar claramente, aínda que non conseguíu materializar. Incluso o porteiro local Pachi se permitíu o luxo de desviar o balón nun penalti.