O C.D. Arenteiro fomenta os valores do club entre a rapazada carballiñesa

14, Novembro 2024

O C.D. Arenteiro recibiu na matinal deste xoves a visita de máis de 150 nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño no seu adestramentona Uceira.

A través desta iniciativa os máis pequenos compartiron un momento único cos xogadores e o equipo técnico. Puideron ver como traballaban de cara ao partido contra o C.D. Lugo, conversar e levarse varias sinaturas dos verdes para casa.

“Ha sido una experiencia muy enriquecedora. Los niños han animado al equipo durante el entrenamiento y al acabar hemos podido estar con ellos, ver más de cerca su ilusión y transmitirles los valores del club. Todos estaban fascinados y al final eso te llega como entrenador, como jugador y como equipo” sinala o adestrador do C.D. Arenteiro, Raúl Jardiel.

O capitán do equipo, Diego García, tamén salientou positivamente esta acción. “Foi algo moi bonito porque chegaron todos os rapaces e empezaron a animarnos. Comezamos a escoitar Arenteiro, Arenteiro, Sodes os mellores. Fainos moita ilusión e que os rapaces estén con nós”.

Este venres, outro grupo de rapaces do mesmo centro visitará de novo a Uceira para acompañar ao C.D. Arenteiro no seu adestramento.

Así, dende o club foméntanse valores como o esforzo, o compañeirismo e a dedicación entre os máis pequenos, que poden ver todo o traballo que existe detrás dun partido e especialmente, dunha vitoria.