O CD Arenteiro renuncia á instalación da grada supletoria en Espiñedo, tras comunicar o concello que non pode autorizar a licencia municipal. Un particular denunciou as obras.
O Club levaba desde o pasado mes de xullo co proxecto para a instalación dunha grada supletoria con capacidade para 2.000 espectadores e tras culminar con éxito as negociacións de cesión dos terreos cos seus propietarios, que sen excepción asinaron o acordo de cesión co club.
Xa se levara a cabo as obras para a adaptación dos terreos e coa finalidade de instalar a grada supletoria, tan so pendiente da correspondente autorización da actividade da licenza municipal, pero finalmente o concello comunicou ao club que non pode autorizar a instalación, por facerse en solo rústico. Ademáis, un particular xa presentara denuncia por unha posible infracción urbanística ante o inicio das obras.
No arquivo adxunto podes descargar o comunicado informativo de Club Deportivo Arenteiro.