O Centro Comercial Aberto celebra este sábado "O dia das compras" con actividades de animación e grandes ofertas
Corenta e oito establecementos comerciais e hostaleiros participarán este sábado, 9 de xuño, no Shopping Day (Día de Compras), que organiza o Centro Comercial Aberto do Carballiño.
En concreto, son 35 comercios dos sectores de moda infantil, home e muller, e moda íntima; deportes, zapatería, librería, xoiería, floristería, decoración e óptica, que ofertarán descontos en produtos de tempada, e entregarán unas papeletas polas compras que se realicen para poder degustar pinchos ou un café nalgún dos trece establecementos de hostalería incluidos nesta iniciativa, así como para participar no sorteo dun premio de 1.000 euros en vales de compra ou pases para os xogos inflables infantís.
Será unha xornada festiva que contará con animación musical, de patinaxe e danza en rúas e prazas, e incluso coa presencia de modelos que percorrerán os establecementos participantes.
A inauguración terá lugar ás 10,30 h., nunha carpa que se instalará na Praza Maior, onde se repartirán unas follas cos establecementos que participan, e a continuación terá lugar un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Tres Galeguiños.
Durante todo o día, dependendo das condicións meteorolóxicas, haberá exhibicións de patinaxe a cargo dos clubes Aehde e Fénix; de ballet, funky, zumba e bailes latinos a cargo da Escola Municipal de Danza; zancudos, así como de danza oriental a cargo da escola Enka. Tamén haberá DJs e un concerto do grupo Soul And Roll, a partir das 19,30 h., na Praza Maior.
Todos os establecementos participantes nesta iniciativa terán unha decoración chamativa nas fachadas con alfombras vermellas e globos de cores.
O evento foi presentado esta mañá pola xerente do CCA, Noelia Mares, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.
Adolfo Nogueira felicitou ao CCA por esta nova iniciativa dirixida a suscitar o interese da veciñanza do Carballiño e da comarca para promover o comercio local, que é, según dixo, un dos eixos principais da economía carballiñesa.
Neste senso, destacou o labor que realiza o CCA, sobre todo do presidente, Julián Garriga; da xerente, Noelia Mares, do resto da directiva así como dos establecementos comerciais adheridos, que son a gran maioría deste sector.
Noelia Mares, ao igual que o concelleiro, animou aos veciños e veciñas do municipio e da comarca a aproveitar as ofertas que haberá ese día, así como optar ao premio de 1.000 euros ou obter agasallos como a degustación de pinchos ou café.
Ao respecto dixo que serán pinchos elaborados especialmente para ese día, e que a degustación de café farase no Mesón Os Portales, e será tirado polo campeón galego de baristas Javier Muradás.
Finalmente, agredeceu a colaboración do concello e da axencia de modelos Luena, así como dos clubs de patinaxe Aehde e Fénix, da Escola Municipal de Danza e da Escola de Danza Oriental Enka.