O Centro de Estudos Chamoso Lamas suspende o congreso bianual que debería celebrarse o próximo mes de Setembro

A xunta directiva do Centro de Estudos Chamoso Lamas decidiu suspender a celebración do XII Congreso da entidade a causa do covid 19.
As condicións de separación e seguridade que se esixen para a celebración do congreso na sede da entidade en Cabanelas, impiden que se podan cumplir, polo que se toma esta decisión de suspendelo.
Este congreso, que se celebra con carácter bianual e que debía ter lugar no mes de setembro deste ano 2020, aprázase para o 2021.
Así mesmo, comunícase que a entidade atópase traballando neste intre na edición dun novo número da revista Argentarium, así como das actas do anterior congreso, co obxectivo de que se publiquen e se presenten antes de rematar este ano 2020.