O Centro de Información á muller organiza un cursiño dirixido ás persoas cuidadoras
Dende o Centro de Información á Muller, en colaboración cos Servizos Sociais Municipais, o Concello de Avión está a desenvolver un Obradoiro de "Benestar das persoas coidadoras" destinado a todas aquelas mulleres que exercen este labor dende os seus fogares.
Esta actividade, na que os contidos son traballados dende a perspectiva de xénero, teñen como obxectivo principal incidir na importancia do autocoidado para evitar a chamada síndrome da persoa coidadora, que supón unha patoloxía moi frecuente na que os síntomas se manifestan tanto a nivel físico como psíquico en forma de ansiedade, insomnio, dor muscular ou de estómago, etc.
Este Obradoiro impártese dende un enfoque multidisciplinar, no que interveñen dúas Psicólogas, unha Auxiliar de Enfermaría, unha Avogada e unha Axente de Igualdade, e entre todas elas intentarán abordar dunha forma integral a realidade deste colectivo, recoñecendo a súa importancia social e mellorando as súas capacidades como coidadoras, tanto a nivel físico como emocional.
Este Obradoiro estase a impartir na Aula Multiúsos da Casa Roxa de Avión todos os mércores, durante 5 sesións teórico-prácticas, rematando o luns 14 de Maio.