O Centro Social "Albetus" ampliará as súas prestacións cun "Fogar Residencial"
O Concello de Avión destinará a cantidade que lle corresponde dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, perto do medio millón de euros, a un único proxecto, a obra de construcción dun "fogar residencial" para persoas maiores, que se ubicará nao lugar do Sifón e pasará a formar parte do complexo municipal de Servizos Sociais "Albetus", onde se concentran na actualidade o resto das prestacións que se ofrecen, tales como o Centro de día ou a Casa Comunitaria.
O Alcalde de Avión, Antonio Montero, defendeu no programa "A MAÑÄ DE COPE" este proxecto, e tamén o feito de que se decidise destinar o cento por cento dos recursos dispoñibles neste Fondo Estatal de Investimento Local a unha única obra. Dunha parte porque cumple plenamente coa filosofía deste plan, que é a creación de emprego, que neste caso non será tan só durante o tempo que dure a obra de construcicón do edificio, senón que tamèn se crearán despois postos de traballo permanentes, para a atención das persoas residentes. E doutra parte porque " coa construcción deste fogar residencial e a casa comunitaria xa existente, O Concello de Avión cubrirá boa parte das necesidades que temos na actualidade para atender as persoas maiores, cunha poboación coma é a nosa cada vez máis envellecida"
Finalmente foron catro as empresas que presentaron as súas plicas para facerse coa adxudicación desta obra, que se deberá executar durante este ano 2009.