O Centro Sociocultural de Boborás acolle este martes unha charla informativa sobre o programa EmprendOU, de apoio a emprendedores entre 16 e 30 anos.
Trátase dunha liña de axudas da Deputación de Ourense da que poden beneficiarse xóvenes emprendedores que teñan entre os 16 e os 30 anos de idade, e que inicien a súa actividade e teñan o seu domicilio en calquera concello da provincia de menos de 5.000 habitantes.
Para todas as persoas interesadas, terá lugar unha charla informativa este martes día 9 de Novembro ás 19 horas, no Centro Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás. O programa EmprendOU contén medidas de apoio á nova actividade empresarial nos municipios rurais afecados polo declive demográfico.