O Cine-Club programa noites de cine ao aire libre en "Flores de Cine"
Os días 16, 17 e 18 de xullo celébrase unha nova edición do cine de verán ao aire libre, Flores de cine, unha actividade promovida polo Cine-Club Carballiño para as noites de verán na baixada á Flores.
Proxectaránse tres películas na baixada de Flores, en horario de 22:30 horas.
Este ano os títulos escollidos son os seguintes:
O martes 16 comeza este ciclo cun clásico do ano 1957, "Doce hombres sin piedad", gañadora do Oso de ouro no Festival de Berlín dese ano e que conta cunha memorable actuación de Henry Fonda.
O mércores día 17 proxectaráse "En el calor de la noche" (1967), un thriller gañador de 5 Oscar e 3 Globos de Ouro. Está protagonizada por Sidney Poitier e Rod Steiger.
Completaráse este ciclo cinematográfico o xoves día 18 con "La chica del puente", de P. Leconte, para moitos unha das grandes películas do ano 1999.