O CIS publica unha enquisa na que da gañador ao "pulpo á feira" como o prato máis representativo da gastronomia galega
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/o-carballino-bate-su-record-con-una-tapa-de-pulpo-olimpica-de-casi-600-kilos_df70.jpg?itok=Jj8GbwT5)
Xa se sabía, e agora o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) ven de acreditalo cunha enquisa entre a poboación española na que se elixe ao prato máis representativo da gastronomía de cada Comunidade Autónoma.
Definitivamente, os galegos téñeno moi claro, o 53% dos preguntados polo CIS optaron polo patro que se fixo famoso desde O Carballiño, o pulpo á feira que de xeneración en xeneración foron popularizando en feiras e festas as pulpeiras de Arcos.
A moita distancia do pulpo á feira, aparece o marisco (en xeral), que acadou o 27,9% das respostas deste estudo, co 11% aparece o cocido galego, co 4,8% o peixe (en xeral) e finalmente, co 3% os callos.
O CIS esqueceu, á hora de preguntar, outros pratos tamén moi populares en Galicia, como son os pementos de Padrón ou a empanada.