O Club carballiñés de patinaxe artística Aehde, subcampión galego en grupos pequenos
O Club Aehde O Carballiño, o organizador do Campionato Galego de grupos show de segunda categoría, conxuntamente ca FGP, fíxose co segundo posto en grupos pequenos ca súa coreografía Gulaj 113.
O segundo posto, malia as lesións e inconvintes de última hora, é a confirmación do traballo que ven realizando o club nesta disciplina tan vistosa nos últimos anos. Tan solo o Arealonga Chapela, superou en puntuación á formación carballiñesa na clasificación de grupos pequenos, sendo o Buxaina de Ferrol o terceiro clasificado.
En grupos grandes o triunfo fue para o CPA Gondomar ca sua coreografía El Huesped, superando ao Patín Conxuro que foi segundo e o CD Ourense que se fixo ca terceira posición, o que significa que a provincia de Ourense tivo dous podios na cita.
O Campionato reuniu en O Carballiño a preto de 350 patinadoras de 24 clubs diferentes de toda Galicia e foi un rotundo éxito de público co 80 % do aforo de Paco Chao cuberto, o que demostra a importancia de organizar eventos deportivos en xeral e de patinaxe en particular.