O "comité de expertos" restrinxe todas as actividades non esenciais dende as 00:00 horas do xoves dia 22 nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás
O chamado "comité de expertos" da Xunta de Galicia entende que "é preciso reforzar as medidas de prevención co obxecto de evitar a propagación do virus nestes municipios" e comunica que por elo decidíu restrinxir todas as actividades consideradas non esenciais nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás dende as 00:00 horas do xoves dia 22 de Outubro.
Asimesmo, continuará en vigor a restrición de mobilidade perimetral nos tres citados concellos, asi como a limitación de xuntanzas entre grupos de persoas conviventes.
No resto dos concellos da comarca mantense a situación actuál de nivel 2 de alerta, non hai cámbeos.