O comité de expertos sitúa a Maside no nivel maximo de restricións, do que sae Boborás, a partir deste próximo venres
Confírmase asi as previsións avanzadas este mediodia por esta emisora de radio. O comité de expertos decidíu hoxe que o concello de Maside pase a nivel de máximas restricións, o que siñificará que a mobilidade quedará restrinxida para a veciñanza ao propio territorio municipal, do que non poderá sair, nin tampouco entrar os de fora, agás por causa debidamente xustificada. Ademáis, pecha a hostelería, que so poderá atender para recoller no local ou servir a domicilio, e quedan prohibidas as reunións de persoas non conviventes.
O endurecemento das restricións para o concello de Maside chega tras o empeoramento da pandemia nos últimos dias, chegando hoxe a 11 contaxios activos, a maioria diagnosticados os ultimos dias. O Sergas convocou para este xoves dia 18 un cribado selectivo no pavillón de deportes de Maside coa finalidade de detectar persoas asintomáticas.
A boa noticia desta semana é para Boborás, que abandona o nivel de maximas restricions e pasa ao nivel 2, o nivel intermedio, o comité clínico tivo en conta a boa evolución da situación epidemiolóxica do municipio, no que non se rexistrou ningún novo contaxio por coronavirus nos últimos 7 dias. A hostelería pode volver ofrecer servizo en terraza, e ademáis queda sen efecto o peche perimetral do concello, a mobilidade volve estar permitida.
As novas medidas, tanto para Maside, como para Boborás, entrarán en vigor a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 19 de Marzo, coincidindo co festivo de San Xosé.