O concelleiro de Ciudadanos vota a favor de Manuel Vázquez "Casalta", polo que o Partido Popular retén a alcaldía de Punxín
Tras varios dias de negociacións nos que PSOE e Compromiso por Galicia tiñan asinado un preacordo para arrebatar o bastón de mando ao candidato do Paritdo Popular, que fora o máis votado e obtivera 3 concelleiros nas eleccións do 26-M, finalmente Casalta conserva a alcadía de Punxín.
E acontece asi porque o voto do concelleiro de Ciudadanos, Eulogio González, que era necesario para un acordo tripartito e conformar unha maioría alternativa ao Partido Popular, finalmente foi para Manuel Vázquez "Casalta", que asi foi elexido novamente como alcalde do concello de Punxín.