O concelleiro de obras e urbanismo dará un novo impulso ao PXOM do Irixo. Escoita aquí ao vicealcalde Iago Fariñas
O portavoz do grupo socialista no concello do Irixo e tenente alcalde, que dirixe o departamento municipal de obras e urbanismo manifestou o seu interese de rescatar o proxecto de PXOM para o concello do Irixo.
Iago Fariñas recordou que xa se encargara a redacción dun anteproxecto, que agora quere recuperar ao entender que pode beneficiar ao conxunto da veciñanza, dotando de seguridade xurídica calquera posible intervención urbanística no municipio.
Ademáis, o concelleiro tamén anunciou a creación dun servizo para asesorar a todas aquelas persoas propietarias de vivendas que necesiten axuda para a tramitación que se precisa para poder vender esas propiedades, se fose do seu interese.
Escoita no PODCAST de COPE O Carballiño a entrevista de Xan Pinal a Iago Fariñas: