O concello abre o prazo de exposición pública do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais
Unha vez redactado o borrador do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incencios forestais, o concello do Carballiño abre o periodo de exposición pública durante un periodo de 20 dias hábiles, que comezaron a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, con data deste pasado dia 23 de setembro.
Durante este prazo, calquera persoa que o desexe poderá presentar no Rexistro Municipal as observacións ou suxestións que estime oportunas. O borrador deste Plan Municipal de Prevención e Defensa contra incendios forestais, xunto o resto dos documentos integrantes do expediente administrativo, poderán consultarse no portal de transparencia do concello do Carballiño, na sede electrónica da institución municipal, asi como nas propias dependencias municipais en horario de 9:00 a 12:00 horas, de lúns a venres.