O concello adxudica a Viaqua a primeira fase das obras para canalizar as augas pluviais que causan inundacións na rúa Evaristo Vaamonde
O concello do Carballiño rematou o proceso de licitación para a realización das melloras que buscan solucionar, de forma definitiva, as inundacións da rúa Evaristo Vaamonde. Nesta primeira fase levarase a cabo a recollida das augas procedentes da rúa Eusebio Lorenzo, que serán canalizadas hacia o colector xeral que atravesa a rúa 25 de xullo. As obras foron adxudicadas á empresa Viaqua por un importe aproximado de 40.000 euros.
Nunha fase posterior procederase á sustitución do colector da rúa Conde Vallellano ca finalidade de aumentar a sección do desaugue, pois na actualidade o cruce entre as augas procedentes de Evaristo Vaamonde e este colector sufren importantes retencións como consecuencia da falta da capacidade do colector de Conde Vallellano, producíndose retornos que inundan os baixos de varios edificios.