O concello anuncia unha "Festa do Pulpo restrinxida" sen actividades no parque e con programación cultural
O concello carballiñés comunicou hoxe que "haberá pulpeiros por toda a vila pero non se organizará a comida do recinto no parque municipal", será "unha festa do pulpo restrinxida" e tamén este ano reducida ao ámbito urbano.
Recomendaráse a reserva para poder degustar o polbo á feira nos locais da hostelería carballiñesa non so o domingo 8 de agosto, senón durante toda a semana previa, igual que xa acontecera o ano pasado.
Dende o concello do Carballiño manifestan que "apóstase todos os anos por potenciar a programación cultural e as actividades para todos os públicos e tamén se contará novamnte con propostas para animar e dinamizar o O Carballiño nas xornadas pre-pulpo", agardando que para o próximo ano 2022 poida recuperarse o programa tradicional da festa e os acontecementos que cada ano fan do Carballiño a referencia festiva e gastronómica de toda Galicia.