O concello carballiñés acomete traballos de acondicionamento do Camiño dos Arrieiros
A concellería de Medio Rural que dirixe Rosario González, conxuntamente coas de Promoción Económica que dirixe Adolfo Nogueira, e Medio Ambiente que dirixe Érika Paz, promoveu, en colaboración co Inem, un plan de acondicionamento do Camiño dos Arrieiros. O obxectivo é aproveitar as axudas en colaboraclión social para mellorar o patrimonio natural e etnográfico das aldeas e parroquias.
Concretamente, este plan permitiu contratar a cinco persoas, entre as que hai un canteiro, albaneis e peónsforestais, cuxo labor será limpar e acondicionar os case 15 km de recorrido que ten esta ruta de senderismo, entre Fonteantiga e Mesego, incluidos diversos subtramos. O contrato é por catro meses, polo que dendemaio atasetembroestestraballadorescentraranse en acondicionar estecamiño, que discorre por diversos tramos de río, cruzando pontes e lugares de interese natural e etnográfico.
O Camiño Natural dos Arrieiros, que foi inaugurado en febreiro do ano 2009 polaentón ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, é un vial tradicional utilizado polos veciños de Banga, Mesego, Partovia, Sagra e O Barón, pero que tamén era a ruta usada no seu día polos transportistas que levaban viño producido nas fincas dos mosteiros cistercienses e outros productos da zona do Ribeiro hacia a capital composteláou as Rías Baixas. O camiño consta dun bucle principal de nove quilómetros que une Mesego e Fonteantiga, e seis ramais que parten de Mesego a Porto de Eguas, de Partovia ata As Caldas pasando por Refoxo, e desde Arenteiro, Fraga e O Penedo.
Este Plan realízase conxuntamente con outro para mellorar as fontes, lavadoiros e tanques das aldeas e parroquias, que taméncomezou a pasada semana con catrotraballadores (tres albaneis e un peón forestal), que foron contratados a través dun programa de colaboración social coInem por un período de tres meses.