O concello carballiñés apoia "a empregabilidade activa" coa organización de cursos preparatorios das "Competencias Clave".
O Concello do Carballiño "segue apostando pola mellora da formación e a empregabilidade da poboación activa da contorna. Por iso, un ano máis levouse a cabo o curso preparatorio de Competencias Clave, que ven de rematar", informan desde a institución municipal.
Neste senso, apóiase a superación das probas que terán lugar mañá en Silleda e que lles dan aos participantes acceso a cursar Certificados de Profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.
En dita formación, impartíronse as materias de lingua galega, lingua castelá e matemáticas a 15 alumnos. Ademais, contarán con transporte gratuíto para asistir aos exames.