O concello cede a Aspadisi un piso na Uceira para o progrma de vida independente
A edil de Benestar Marina Ortega, e o alcalde Francisco Fumega, fixeron entrega das chaves o colectivo de discapacitados psíquicos do Carballiño Aspadisi, da vivenda do barrio da Uceira , de propiedade municipal, para desenvolver o programa de promoción da vida independente, que Fademga leva execuntando dende hai tempo noutras localidades de Galicia.
Fumega lembraba a necesidade a apoiar a este tipo de colectivos, con fin de ofrecerlles as mesmas ferramentas que o resto dos veciños e veciñas, e pola súa banda o presidente de Fademga agradecía o concello do Carballiño a colaboura neste tipo de actividades “pese a que outras administracións están cada día recortando máis o apoio o noso colectivo”.
O programa de promoción da vida independente se levará a cabo no carballiño todolso xoves, cun grupo de 13 rapaces e rapazas de Aspadisi, que aprenderan a levar unha casa eles solos, con tadalas tarefas que esto implica dende a compra diaria, a limpieza, e a cociña.
Pola súa banda a edil de Benestar Social sinalaba que “este proxecto pareceunos moi interesante, polo carcatre integrador que ten, e por elo non dudamos en ofrecer este piso de propiedade municipal, que estaba sendo usado para emerxecnias sociais, e que sempre que exista unha emerxencia deste tipo seguirá usandose, tal e como asinamos no convenio con Aspadisi”.
Os 13 participantes neste programa amosaban u seu entusiasmo e gañas de empezar o mesmo. Proba delo é que antes de entrar na vivenda xa estaban repartindo as tarefas do fogar entre eles.