O concello colabora co comercio local cunha campaña de dinamización lingüistica
A Área de Educación do Concello do Carballiño e o SNL do que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez promove unha campaña de dinamización lingüística dirixida ao comercio local do Carballiño. Esta campaña está deseñada para fornecer con materiais atractivos e para facilitarlles aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.
Neste caso trátase dun folio de etiquetas, deseñadas pola marca OZOCOgz deseño galego, para colocar nos agasallos que merquen os clientes e as clientas, con distintos lemas (Bo Nadal, Boas Festas, Un bico moi forte, Quérote, Desexo que che guste, Parabéns, Feliz Aniversario, Cos meus mellores desexos.).
En cada un dos folios inclúese o logotipo da institución Ademais, tamén se repartirán carteis coa inscrición REBAIXAS onde cada letra é unha foto dun lugar emblemático do Concello do Carballiño, así podemos ver o balneario, a Veracruz ou o parque municipal, enttre outros.