O Concello comeza a distribuir o cartel da 57 Festa do Pulpo, obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.
O cartel da LVII Festa do Pulpo do Carballiño xa está na rúa. Dende hoxe, 2.000 carteis comezarán a distribuirse polo Carballiño, Galicia e centros galegos de todo o mundo.
Trátase do inicio do ciclo da Festa do Pulpo que culminará o domingo 11 de agosto, día da celebración gastronómica.
O cartel, que é obra da deseñadora carballiñesa Ari Quintas, foi presentado esta mañá no concello polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que discuparon a súa ausencia por motivos de traballo.
Francisco Fumega dixo que se trata dun cartel moi fermoso que representa á perfección a simbiose do parque municipal coa tradición pulpeira e a do escanciado da sidra, nun claro homenaxe a Asturias, a quen se lle dedica este ano a festa. Por eso agradeceu o seu compromiso co Carballiño e o seu bo facer como deseñadora para levar o nome da Festa do Pulpo polo mundo adiante.
Manuel Dacal compartiu este agradecemento e referiuse a presentación da festa o próximo luns en Xixón, con asistencia das primeiras autoridades municipais e autonómicas, así como de persoeiros e medios de comunicación de Asturias. Tamén dixo que a próxima semana íase efectuar a presentación oficial da festa xunto cos patrocinadores e corporación municipal.
A deseñadora Ari Quintas foi tamén a autora do cartel da pasada edición da festa, que tivo un éxito extraordinario, e que por eso se lle encargou o deste ano, que se espera teña tan boa acollida como o anterior.