O Concello comeza as obras de mellora no entorno da Igrexa Vella e anuncia que se retirará o mobiliario urbano nos accesos á rua Principal
As obras no entorno da Igrexa Vella, que comezaron esta semana, consistirán no adoquinado da rúas e a ampliación das beirarúas, de tal maneira que a partir da reforma manteráse un único carril para a circulación de vehículos. A intervención, que executa a empresa Proyecon, conta cun orzamento de 149.921 euros, que son aportados pola Xunta de Galicia.
As beirarúas construiránse en pedra, e ademáis reformaráse a rede de saneamento nesta zona. Fronte á entrada da Igrexa procederáse a ampliación das escaleiras de acceso desde Cesáreo Tizón, eliminando o petril de cemento existente.
Doutra parte, o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Magin Daparte, acompañado dos técnicos municipais, elaboraban un estudio de todo o mobiliario urbano e elementos ornamentais ubicados nos accesos á rúa do Paseo. Tralo incendio do pasado sábado, quedou patente que os servizos de emerxencias tiveron moitos problemas para acceder ao lugar do sinistro para a evacuación dos feridos. A intención dos responsables municipais do Carballiño é retirar a maioria deste mobiliario urbano das entradas á rúa Principal.