O concello compra un tractor-desbrozadora para labores de limpeza e prevención de incendios
O Alcalde de Piñor José Luis González, recepcionou na nave municipal do concello o novo tractor e dous apeiros desbrozadora, un de arrastre e outra de brazo.
A empresa adxudicataria, que presentou a oferta económicamente máis ventaxosa, fixo entrega ao Alcalde de Piñor da maquinaria que foi adquirida polo concello froito de un convenio entre o Concello de Piñor e a Consellería de Medio Rural que financiou a adquisición de este novo vehículo.
O importe total é de 96.245,82 IVE incluido dos cales a Consellería aportou a cantidade íntegra do custe e o concello só tivo que aportar a 16.703,82 €, cantidade correspondente ao IVE. Este novo vehículo pasa a formar parte do parque móbil do Concello de Piñor e reforzará os traballos de desbroce que o Concello realiza todos os anos e que se intensifican durante a primavera e o verán limpando todos os pobos do concello, as estradas de titularidade municipal e camiños.
Para o Alcalde de Piñor, José Luis González, o novo tractor conxuntamente cos dous apeiros desbrozadora son unha maquinaria imprescindible para un concello rural como Piñor que ten gran número de vías municipais e camiños que hai que manter limpos para facilitar o acceso aos mesmos e como medida preventiva dos lumes.
O novo tractor reforzará e facilitará o traballo da limpeza viaria e de camiños municipais que repercutirán nunha mellora da calidade de vida dos veciños de Piñor.