O concello comprométese a manter un servizo de emerxencias "dentro das súas posiblidades"
O alcalde, Argimiro Marnotes, manifestou que "non vai permitir que O Carballiño quede desamparado no que a seguridade contra incendios se refire, e por iso orzamentaráse unha partida para cubrir este servizo con Protección Civil".
Marnotes adiantou que esta decisión xa foi comunicada formalmente ao responsable local de Protección Civil "que xa elaborou un organigrama para cubrir as necesidades do municipio nesta materia, un servizo que contará con tres voluntarios en turnos que cubrirán as 24 horas, comprometémonos a pagarlle dietas, e ao máximo que podemos chegar dende o concello", dixo.
Esta iniciativa anunciase ante a inminente finalización contratual, este 27 de Febreiro, dos traballadores do Servizo Muncicipal de Emerxencias " e e mentres non se leve a cabo a renovación do persoal por medio da subvención que se tramita para este fin".
O rexedor municipal tamén anuncia unha nova reunión cos alcaldes da comarca "para determinar se é posible mancomunar un servizo de emerxencias independientemente do futuro parque intercomarcal de bombeiros".