O concello concederá axudas anuais de 1.200 euros para o fomento da natalidade
A finalidade destas axudas, que se regulan a través dunha nova ordenanza municipal, é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza un nacemento ou adopción dun novo membro da unidade familiar.
Tamén se trata de incentivar o asentamento da poboación no propio concello de San Cristovo de Cea, caracterizado como todos os municipios do rural pola baixa natalidade.
Serán beneficiarios das axudas os proxenitores, xa sexan casados, parellas de feito ou familias monoparentais, que acrediten tales condicións e teñan fillos durante o ano 2018, asi como os adoptantes de nenos de ata seis anos de idade.
Por cada nacemento que teña lugar ou adopción que se formalice será obxeto dunha axuda anual de 1.200 euros, unha cantidade que podería ser superior ou inferior en función do número de beneficiarios.
As solicitudes de axuda presentaránse no rexistro xeral do concello de San Cristovo de Cea.