O concello cualifica a XXII Festa da Cachucha como "a máis multitudinaria que se recorda"
O concello do Carballiño cualifica a XXII Festa da Cachucha celebrada este pasado domingo comoa máis multitudinaria de cantas se levan celebrado no Carballiño. Malia ao mal tempo, con choiva e frío, que non cesou en todo o día , agás algúns intervalos, tanto os restaurantes como as rúas rexistraron unha gran afluencia de público.
O feito de que o desfile aprazado do martes de entroido se celebrase onte, axudou en gran medida pero tamén a animación e pasarrúas de comparsas, murgas, charangas e folións do mediodía, e, por suposto, o crecente interese por degustar o menú gastronómico do entroido servido nos restaurantes e mesóns do Carballiño.
A restauración e a hostalería carballiñesa, por termo xeral, tivo unha gran ocupación, dándose incluso o caso de que nalgún restaurante se fixeron dous turnos de comidas.
E especialmente brillante resultou o desfile da tarde, encabezado por folións e comparsas que non concursaban, e seguido de catorce comparsas que si o facían.
Tras case dúas horas de recorrido, e cun esforzo digno de eloxio de todas as persoas integrantes das comparsas, numeroso público presenciou o desfile, a pesar de ter que facelo en moitos momentos cos paraguas abertos.
O fallo do xurado dos premios foi o seguinte:
1º PREMIO 1.300€ Chuchería Galáctica (As. Cul. Castro de San Amaro)
2º PREMIO 1.000€ Ao son dos xigantes (As. Veciños de Freixo)
3º PREMIO 800€ Fantasía cordobesa (Os azucarados de Maside)
4º PREMIO 400€ Fantasía Mariña (As. Cul. Arrieiros de Dacón)
5º PREMIO 350€ Arácnidos do Carballiño (As. Lumareda)
6º PREMIO 300€ Facendo o indio
ACCÉSITS
- Os dálmatas (Os Trangalláns)
- O rebaño do Vila do Arenteiro (Anpa do Vila do Arenteiro)
- Os osos amorosos (Anpa da Uceira)
- Os silleiros de Maside
- Comando Picapezas.
PREMIO especial de 300€ (puntuación das comparsas): Houbo triple empate, pero ao final gañou a comparsa Os osos amorosos (Anpa da Uceira)
PREMIO especial colaboración no entroido carballiñés: Os Liborianos.
As concellalías de Cultura e Turismo agradecen a a todos os integrantes das comparsas e folións a súa participación no desfile, sobre todo, tendo en conta as adversas condicións meteorolóxicas nas que se desenvolveu, e por suposto, a todo o público en xeral, carballiñeses e visitantes, que encheron os restaurantes, cafeterías e as rúas da vila.