O concello de Avión instala 1.616 luminarias LED nas iluminacións públicas, cun investimento de 1,3 millóns de euros.
O IDAE ven de notificar ao concello de Avión unha subvención de 1.099,357 euros, dacordo ao proxecto promovido pola institución municipal para levar a cabo a substitución das luminarias das distintas iluminacións publicas en todas as localidades do municipio. O Orzamento total ascende a 1.293,361 euros.
Son 1.616 luminarias coa nova tecnoloxía LED as que se instalarán, o que repercutirá na mellora da calidade lumínica e suporán un aforro enerxética que se calcula pode representar un abaratamento de ata o 60% en relación á factura eléctrica anual que na actualidade abona o concello de Avión.