O Concello de Boborás organiza un Obradoiro de erótica feminina
O obxetivo deste obradoiro -segundo unha nota informativa difundida polo Concello de Boborás- é reflexionar sobre os modelos de educación afectivo-sexual, e a súa incidencia na sexualidade femenina, favorecer o coñecemento das características propias da sexualidade feminina e impulsar a creatividade e a imaxinación como elementos potenciadores do pracer. As sesións de traballo plantexaránse dende unha perspectiva dinámica, fomentando o diálogo para converter as sesións en "espazos de expresión e sensacións"
As destinatarias deste obradoiro son as mulleres residentes no Concello de Boborás maiores de 18 anos. Será impartido na Casa do Concello de Boborás e a cargo de persoal especializado do centro "Quérote" de Ourense, dependente da Dirección Xeral de Xuventude. A iniciativa partíu da Concellería de Cultura do Concello de Boborás, que dirixe a concelleira Eva Pardo.