O concello de Boborás contará cun Punto Limpo Móbil, a Xunta aporta 69.000 euros para a súa adquisición
A Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Territorio ven de concederlle ao concello de Boborás unha axuda por importe de 69.127,30 euros, que cubre na súa totalidade a operación financieira para a compra dun camión acondicionado para ofrecer este servizo de punto limpo móbil.
Desta maneira, o concello de Boborás ofertará de forma itinerante polas distintas localidades do municipio este servizo para que a veciñanza poida depositar resíduos indicados e para incentivar a reciclaxe do lixo. Por elo, o concello de Boborás levará a cabo unha campaña informativa e de sensibilización entre a poboación do municipio.