O concello de Boborás destina medio millón de euros á contrucción dun Centro Multiusos na localidade
O Concello de Boborás conta para este proxecto coa colaboración económica de outras administracións, que xunto as aportacións de fondos propios, suman un orzamento de medio millón de euros, asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Cipriano Caamaño.
Tamén avanzou o rexedor municipal que o futuro Centro Multiusos de Boborás ubicaráse na edificación das antigas vivendas dos mestres do colexio público de Boborás, a edificación será obxeto dunha reforma integral, que se transformará nun edificio con diversas dependencias.
A primeira planta acollerá unha ludoteca, o programa concilia, aula de atención temperá, e aula de actividades diversas. Na segunda planta ubicaráse a aula CEMIT de Boborás, , aula de formación e biblioteca. Na terceira planta do edificio irá unha aula de música e salón de actos.
Todas as plantas contarán con aseos e dotaráse o edificio de ascensor, para facer accesible todas as súas dependencias.
Caamaño agarda que o proxecto reciba un impulso definitivo no transcurso deste ano no que andamos, unha vez que se confirmen as subvencións "que xa están moi avanzadas e comprometidas", subliñou.
O concello de Boborás ven de aprobar o orzamento ordinario para este exercicio de 2018, con previsión de superavit para cumplir coa regra de gasto, desta maneira a previsión de ingresos ascende a un millón catrocentos noventa e sete euros, mentres que a previsión de gastos quédase en un millón catrocentos cincuenta e cinco mil euros.