O concello de Boborás humanizará a entrada da igrexa parroquial de Brués coa axuda económica da Deputación
A xunta de goberno da Deputación de Ourense desta semana ven de acordar unha subvención por importe de 48.000 euros a favor do concello de Boborás.
Con esta achega económica, a institución municipal leverá a cabo un proxecto de "humanización" dos accesos á igrexa parroquial de San Pedro Félix de Brués. Desta maneira, o concello de Boborás da continuidade aos proxectos de acondicionamento que está promovendo na contorna dos templos parroquiais.