O Concello de Boborás invita á veciñanza a someterse a "unha consulta da condición física"
A partir do 30 de xuño, os veciños e veciñas do Concello de Boborás, calquera que sexa a súa idade, poderán solicitar cita no centro de saúde da localidade para someterse a unha "consulta da condición física". Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta que leva a cabo a Institución Municipal e que se enmarca dentro do programa dos Concellos Saudábles, dos que participa Boborás. A través desta "consulta da condición física" as persoas terán un coñecemento do seu estado físico e de saúde por medio das probas e entrevistas que realizarán con dous profesionais, un nutricionista e un licenciado en educación física, que ademáis lle marcarán distintas pautas para mellorar o estado físico en xeral, e asi acadar unha mellor calidade de vida, ademáis de prever as distintas doenzas. Para as vindeiras semanas, o Concello de Boborás organizará outro tipo de iniciativas que tamén persiguen fomentar os hábitos de vida saudábles, como serán unha andaina e actividdes deportivas.