O concello de Cea demandará á subministradora eléctrica por ter a Cea 27 horas sen servizo. Asi o anunciou en COPE o alcalde Valladares.
O concello de San Cristovo de Cea presentará unha demanda contra Naturgy-Unión Fenosa Distribución por ter a Cea 27 horas sen subministro eléctrico, tras unha incidencia desde as 10 horas deste pasado mércores dia 9 que non se resolveu ata primeira hora da tarde de hoxe xoves.
Asi a anunciaba nunha interveción o alcalde José Luis Valladares nunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño, na que ademáis invitaba a todos os veciños perxudicados, especialmente a empresas e comerciantes, a sumarse a esta acción xudicial promovida pola institución munipal.
Escóitao aquí: