O concello de Cea executará o proxecto de reforma integral da EDAR e separación de augas pluviais e residuais, cun orzamento que roza o millón de euros.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático vai financiar a reforma integral da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cea, un proxecto que precisará dunha aportación económica de 788.000 euros.
Doutra parte, a Deputación Provincial achegará ao concello de San Cristovo de Cea unha achega de 180.00 euros para executar a obra de separación de augas pluviais e fecais nas rúas da vila de Cea.
Escoita aquí a entrevista ao alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares: