O concello de Maside colabora en accións solidarias en favor dos refuxiados ucranianos
O Concello de Maside colabora nunha iniciativa solidaria coa posta a venda de Xabons Solidarios, unha campaña que ten como destinatarios os refuxiados pola guerra en Ucrania.
A xabonería artesanal De Lú, ubicada en Maside foi a encargada xunto con voluntarios da elaboración de Xabons Naturais saponificados. Xabons como os que facían as nosas Aboas. Para a elaboración dos xabóns, doaron aceite varios restaurantes sitos no Concello de Maside : Restaurante O Barazal, Os Pitelos, A Casiña do Bardelás, Restaurante Os Amigos de Garabás.
Para o seu embalaxe contouse coa colaboración da Asociación Cultural de Mulleres Santa Agueda de Maside. Cada Xabón irá acompañado dun recetario de produtos de limpeza ecolóxicos que se poden facer coa base das pastillas dun peso de 200gramos. Estas terán un prezo en concepto de donativo de 5€.
Estarán a venda nos establecementos comerciais do Concello de Maside. A recadación irá íntegramente destinada á adquisición de mercadurías (medicamentos ou calquera produto necesario) que serán enviadas a través de transporte solidario, as familias desprazadas da dramática actual situación humanitaria.
Recordamos tamén que A Asociación Cultural A Casa Aberta puxo en marcha unha recollida de material médico e alimentos non perecedeiros e ten como punto de recollida O Colexio Vello de Maside en horario de 17.00 a 20:00 horas.