O concello de Piñor abandona a Mancomunidade de Concellos do Carballiño, o alcalde piñorense afirma que a decisión débese "aos problemas de xestión económica da entidade"
Apenas catro anos vai durar a pemanencia do concello de Piñor na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, nesta segunda etapa que se iniciaba co seu ingreso en 2017, agora o pleno do concello ven de acordar a súa saída da entidade supramunicipal, que se fará efectiva a final de ano.
Asi o confirmou o alcalde piñorense José Luis González en COPE O Carballiño "a nosa decisión que xa é firme é apartarnos da Mancomunidade, levamos tempo tratando este asunto co presidente da Mancomunidade pero o non poder solucionar os problemas económicos que representa permanecer para o concello de Piñor, decidimos marcharnos", subliñou.
O rexedor municipal explicou que "o que sucede é que a final de ano á hora de facer fornte á liquidación coa Mancomunidade, descádranos sempre as contas anuais do concello" e engadíu "foi unha decisión difícil, todos somos compañeiros, e o presidente é unha gran persona, pero nos temos que defender os intereses do concello e os veciños de Piñor", dixo.