O concello de Piñor adxudica en 1.780.000 euros a obra de construcción da Residencia de Maiores Municipal, que terá 40 prazas
A mesa de contratación do concello de Piñor ven de resolver a licittación da obra de construcción da futura residencia de Maiores, adxudicando a unha empresa pontevedresa esta obra, nun importe de 1.780.000 euros.
O proxecto está financiado nun 70% a Xunta de Galicia, a través de fondos europeos, mentres que do 30% restante faise cargo a Deputación de Ourense, mediante un convenio de colaboración asinado co concello piñorense.
A residencia a contruir na localidade de Piñor terá unha capacidade para 40 prazas, e as futuras instalacións contarán, entre outros servizos, con cociña e lavandería. A obra deberá estar rematada antes de finais do ano 2025.
O alcalde de Piñor, José Luis González, mostrouse especialmente satisfeito con este proxecto, sen dúbida e pola súa contía económica o máis importante deste concello "e sobre todo porque vai permitir que as nosas persoas maiores poidan ser coidadas sen necesidade de que abandonen o noso concello".