O concello de Piñor instala un caixeiro automático de Abanca, que xa está a disposición da veciñanza nas dependencias municipais.
O Concello de Piñor conta cun novo servizo bancario trala instalacion dun caixeiro automático nas dependencias municipais.
En Piñor non hai oficinas bancarias, polo que os seus habitantes teñen que desprazarse a outros concellos para realizar operacións financieiras ou sacar diñeiro.
Por este motivo, o Concello de Piñor asinou un convenio coa Consellería de Facenda co fin de que os veciños e veciñas poidan dispoñer de efectivo e realizar as xestións máis habituais sen ter que desprazarse a outro termo municipal, favorecendo deste xeito a súa inclusión financieira.
Deste xeito, ABANCA instalou o caixeiro nas dependencias municipais e nos vindeiros días terá lugar unha sesión de formación para todos os veciños.
Ao acto de inauguración asistiron Mateo Alonso San Román, Coordinador Institucional de Abanca de Ourense, Alberto Pérez Manso, Director da Oficina de Abanca de Cea e o Alcalde do Concello de Piñor,José Luís González Rodríguez