O Concello de San Amaro dará facilidades aos veciños para o pagamento dos recibos da auga que non pasa ao cobro dende 2009
O Alcalde Ernesto Pérez considera "un engaño do grupo socialista" a polémica da xestión do servizo municipal de augas, unha polémica fundamentada "en mentiras e suspicacias", subliñou o rexedor municipal.
Referíase o alcalde de San Amaro á concesión do servizo á empresa GESECO "un procedemento que comezou en 2007 e que se completou sin que se presentase ningunha reclamación e sen que ningún concelleiro da corporación se opuxera, hai que ser máis serios cando ún ocupa un cargo público e non facer manifestacións en base a suspicacias, como as que fixeron as concelleiras socialistas, eu non sei quenes son os directivos ou executivos de GESECO, elas saben máis ca min, pero si me consta que o concello de Ourense -con alcade socialista- e outros concellos galegos que non están gobernados polo Partido Popular están ádxudicando servizos a esta empresa".
Ernesto Pérez aclarou, ademáis, que a empresa adxudicataria por parte do concello de San Amaro foi a que presentou a mellor oferta "a máis barata, porque a outra empresa da que falan non reunía os requisitos, cando se abriron as plicas en acto público comprobouse que esta empresa non cumplía coas bases, e a mesma empresa non presentou ningunha reclamación", asegurou.
Finalmente, o rexedor municipal recoñeceu en relación ao atraso no cobro de recibos que "non andivemos áxiles, unha vez que se privatizou o servizo detectaronse múltiples deficiencias e houbo que proceder a actualización dos contadores, evidentemente os veciños desto non teñen culpa, e por eso non se vai pagar ningún recargo, é maís, vanse dar todo tipo de facilidades para o pago dos mesmos, xa neste primeiro trimestre do ano esperamos que poidan pasarse ao cobro os recibos de 2010", anunciou.