O concello demandará de Renfe a reposición de trens suprimidos na estación do Carballiño
O Grupo de Goberno municipal tomará a iniciativa para reclamar a Adif a reposición dos servizos ferroviarios suprimidos, que afectan directamente ao Carballiño.
Concretamente, pedirase a reposición do servizo do Tren-hotel, pero tamén daqueles outros servizos, tanto en dirección a Santiago como en dirección a Ourense, que se suprimiron nos últimos anos ou que se prevé que se fagan nun futuro inmediato.
O goberno municipal considera que non se poden suprimir servizos ferroviarios que son necesarios non só para o municipio do Carballiño senón para toda a comarca, cunha poboación de arredor de 30.000 persoas.
Por isto, o goberno municipal porá en marcha unha campaña, en colaboración coas asociacións veciñáis, para que a iniciativa sex amáis efectiva.
Ao mesmo tempo, se intentará implicar aos demáis grupos políticos no concello, para que xurda unha proposta unánime de todas as forzas políticas do Carballiño.
Ao respecto, presentarase unha moción neste sentido, con carácter de urgencia, para ser debatida no próximo pleno municipal.
Tamén se realizan xestións con outros concellos afectados, como é o caso de Lalín, para facer unha reivindicación conxunta. Neste senso, o alcalde Fracisco Fumega, xa se puxo en contacto co alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e acordaron reunirse en breve para consensuar a toma de medidas que restitúan os servizos suprimidos ou en perigo de suprimirse.