O concello destaca a gran trascendencia mediática da Festa do Pulpo e o Partido Popular propón varias melloras na organización
O concello do Carballiño manifesta que A LV Festa do Pulpo pasará á historia por ter superado algúns rexistros, pero sobre todo por conseguir o máis amplo seguimento dos medios de comunicación e redes sociais. Así, en TVE 1, Antena 3 e TVG, e radios diron a noticia en directo nos seus servizos informativos do mediodía.
Tamén os xornais de Galicia destacan a celebración do evento. E cobra unha importancia trascendental as numerosas entrevistas mantidas os últimos días con axencias, radios e cadenas de televisión internacionais sobre a Festa do Pulpo. Entre outras, destacan a reportaxe de Adrián Cragnolini para Cadena 3 Argentina, ou a de Patricia Alvarado para o Grupo Radio Centro en horario de máxima audiencia, con 20 millóns de ointes en México e Estados Unidos.
Asimesmo, nas redes sociais multiplicáronse as imaxes e noticias, e de feito, o propio Facebook do concello do Carballiño acada neste intre un alcance de máis de 627.000 persoas e unha interacción de preto de 184.000. Todo isto da boa conta, por unha parte,da extraordinaria promoción que se fixo para esta edición da festa, e por outra, do crecente interese que suscita a Festa do Pulpo do Carballiño tanto a nivel informativo como popular, remarcan dende a institución municipal.
Por iso, dende o concello do Carballiño agradecen esta dedicación e o traballo desenvolvido por todos os profesionais, cámaras, fotógrafos e xornalistas, que estiveron cubrindo estes días os actos programados na 55 festa do Pulpo.
O Partido Popular suxire varias melloras
O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño fai varias propostas que -entende- mellorarían a organización da Festa do Pulpo.
Para acceder ao comunidado do Partido Popular prema no arquivo adxunto: