O concello destina 100.000 euros á programación da Festa do Polbo, con actividades diarias do 29 de Xullo ao 11 de Agosto
O Carballiño recupera a tradición dos grandes concertos, e nesta ocasión dentro da programación da semana grande da festa do polbo. O grupo Celtas Cortos actuará na praza maior o mércores 5 de agosto, as 23:00 horas.
O concelleiro Manolo Dacal e o alcalde Francisco Fumega presentaban a programación e agradeceron a todos os que fixeron posible “levar a bo porto este programa, pensado en todolos públicos e , sobre todo, para atraer a moitos visitantes a O Carballiño durante estes 15 días”.
A partir do mércores 29 de xullo, todalas tardes na praza maior haberá actividades para os nenos. O 30 de xullo , dende as 19:00 horas, zumba nas pisicinas municipais impartida polo ximnasio Sonora Fitnes. O venres 31 de xullo, continuan as acrtividades para os pequenos, e as 20:30 horas a banda de música de Valga actuará na Praza da Veracruz . Ese mesmo dia, as 22:00, na Insua dos Poetas terá lugar a presentación das Xociviga 2015, ca proxección da película A Esmorga. A xornada do venres pecharáse ca inauguración do alumeado de festas nas rúas carballiñesas.
O sábado 1 de agosto deporte e música, partido de futbol en Espiñedo entre o Arenteiro e o Barbadás, as 20:00 horas, as 20:30 XXII Festival de Habaneras no auditorio da vila e as 23:00 DJ Guilly de Melo, na Praza Maior.
Outra das citas clásicas da semana da Festa do Pulpo, a andaina popular, terá lugar o dominbgo 2 de agosto, chegando con esta a súa IV edición. Ese mesmo día, as 23:00 actuación de música folk , Festa Rachada e Pasarrúas “Acibeira”, na Praza Maior.
O luns 3 de agostoc omenzan os campionatos de futbol 3X3 na Alameda, e actividades de xogos populares na praza Emilia Pardo Bazán. As 12:00 chega outra das citas clásicas do Pulpo, a Homenaxe a un persoeiro ou grupo que tiveran relación ca Festa o longo destes 53 anos. A tarde O DJ Tibu organiza a festa infantil Octavio 2015, na Praza Maior, e as 23:00, no mesmo lugar , concerto de Skalingrado.
O Martes 4 de agosto O Carballiño será , un ano máis , o centro de atención de todo o mundo, ca elaboración da tapa xigante de pulpo, que este ano se realizará sobre un plato de madeira de 5,13 metros. Será as 20:00 horas na Praza Maior.
O mércores dia 5, chegando o ecuador destas festas carballiñesas, o plato forete será a actuación de Celtas Cortos na Praza Maior, e antes, actividades para os nenos no Balneario, DJ e Touro Mecánico na Praza de Juan Pajariño, partido do Arenteiro e o Bande en Espiñedo, e espectáculo circense na rúa Principal.
O xoves 6 de agosto continua a festa cos Pulpos Máxicos nos Catro Camiños, actividaee para os nenos, e a apertura de feira de artesanía na praza de Emila Pardo Bazán, as 18:00 horas. Una hora despois, as 19:00 festa da espuma na praza maior cun DJ para animar os pequenos. As pisicinas acollen una nova xornada de zumba, e as 20:00 horas inauguranse as xornadas Gastronómicas do Pulpo, con Guillermo González, subcampeon de europa en servicios de restauración e bar, na praza das Galiñas. Dende as 20:00 iniciase o primeiro ciclo de Música de Sofa, na praza da constitución, Curros Enríquez e Praza Maior, que rematará as 2:00 horas.
Entrando xa na fin de semana do Pulpo o venres destacar o sorteo deo ocengtro comercial aberto da súa campaña de Verán, na praza da veracruz, as 18:00 horas, e unha nova Xornada Gastronómica co chef Flavio Morganti. As 20:30 na praza da Veracruz e rúa principal exhibición do clube de patinaxe AEHDE, e as 23:00 horas Troula ofrecerá os seu espectáculo de rúa “Pachamama” na Paraza Maior. Esa noite, dende as 00:30, a orquesta Primera Linea ofrecerá o concerto na Praza Maior.
O día 8 de agosto O Carballiño será un ano máis a capital galega da diversión e a xuventude, con concurso de camisetas do Pulpo,. O pasado ano foron máis de 1000 xóvenes os que participaron nesta festa, que comenzará as 18:00 horas e rematará ata que o corpo aguante, animando a festa a batukada Situme. Ese mesmo día, as 00:00, tirada de fogos dende a praza da Veracruz.
O domingo será o día grande da Festa, no Parque Municipal. Desfile de grupos do festival folclórico dende as 10:30, recepción de autoridades as 13:00 e comida as 14:30. A xornada será rematada co concerto da orquesta Fin de Siglo na Praza Maior as 19:00 horas.
A aínda festa continúa o luns dia 10 , co día do pulpo pequeño, con atraccíons infantis a mitade de prezo. O martes dia 11 cas xornadas de folclore internacional na Praza da Veracruz, e o mércores dia 12 finalizará dando o testigo a outra gran cita do verán Carballiñés, as Xociviga 2015.
A programación festiva, según os datos aportados polos responsables municipais, terá un orzamento de 100.000 euros.