O Concello do Carballiño comunica a extinción do contrato a 18 traballadores municipais

29, Decembro 2011

Un total de 18 traballadores do Concello Carballiñés recibiron nas últimas semanas a carta na que se lles comunica a extición do contrato laboral que mantiñan coa institución municipal, perdendo esa condición contratual a partir do 31 deste mes de decembro.

No transcurso dos últimos meses, e tralo cámbeo político no goberno municipal, foron moitas as conxeturas que se fixeron sobre o futuro da política laboral do Partido Popular. Non obstante, atá o de agora non se produciron apenas variacións na composición do cadro de persoal e funcionamento dos distintos departamentos municipais.

As primeiras novidades chegan agora co despedimento de 18 traballadores. Os departamentos afectados son o de Servizos Sociais, onde se prescinde de 7 traballadores adscritos ao servizo de axuda a domicilio. Os responsables municipais teñen previsto contratar a prestación deste servizo a unha empresa privada. Ademáis, comunicouselle a extinción do contrato a dous técnicos de medio ambiente e obras, 1 educador e 1 peón de limpeza. A lista de traballadores aos que remataba o contrato e non se lle renovará, ampliase a un informático, o Coordenador das escolas deportivas. o Xerente do Campig Municipal, un auxiliar administrativo, un monitor e unha limpadora.